top of page
Celebrando o 25 N
Dende o equipo de dinamización de biblioteca escolar, preparamos unha caixa con diferentes contos que traballan a igualdade, desigualdade e diferentes tipos de violencia ás mulleres. A caixiña viaxou polas aulas como traballo previo da nosa “Árbore dos desexos” onde cada familia, mestre/a e alumnado participaron nas aulas poñendo un laciño e un desexo en forma de mensaxe nas árbores e portas.
A nosa inspiración foi a artista Yoko Ono, da que nos documentamos previamente.
bottom of page