Nós tamén creamos
Post 1: Nós tamén participamos
As profes Lucía e Sara e o teacher Jaime do C.R.A. A Picaraña de Ponteareas animámonos a participar no programa do Plan Porxecta: NÓS TAMÉN CREAMOS, trala suxestión da equipa de Biblioteca, e como o noso alumnado gústalle tanto os contos e as curtas de OQO, non dubidamos en animarnos a participar.
O alumnado que se embarca con nós nesta aventura son as nenas e nenos das aulas de Ribadetea e Parada, con 9 cativas cada aula, 18 rapaces e rapazas de 3, 4 e 5 anos. De seguro que ás demais aulas do cole tamén lles apetecía moitísimo participar, pero son máis numerosas, e ao sermos un colexio rural coas súas aulas distanciadas por varios quilómetros, non é tan doado como parece.
Así que logo das profes embarcarnos nesta aventura, tivemos que comunicarllo ao noso alumnado. Para empezar, nas dúas aulas volvemos a proxectar as diferentes curtas de OQO para familiarizarse co stop motion e dicirlles que Nós tamén participamos neste proxecto e que se preparen para filmar a nosa primeira curta!
Post 2: Nós tamén contamos
Como sabedes, somos un centro rural, as nosas aulas están separadas por un corredor moi longo e de asfalto… a estrada. Así que repartimos o lote de contos entre as dúas aulas, as titoras imos contado cada día un contiño e o profe Jaime que visita as dúas aulas é o nexo para levar de Parada a Ribadetea e de Ribadetea a Parada os libros para que todas as nenas e nenos de ámbalas dúas aulas poidan desfrutar deles
POST 3: Stop que?
Unha das tarefas que temos que facer os profes é realizar unha proba con stop motion, e como queremos facer partícipe ao alumnado deste proxecto, buscamos na aula elementos que poderíamos animar. E o que sucedeu foi…máxico!
Post 4: Nós tamén votamos
Tras leren co alumnado dúas aulas todos os contos (os que nos pareceron axeitados para educación infantil), as dúas aulas votaron os libros que máis lles gustaron para facer unha escolla dos que nos gustaría facer unha curtametraxe.
Logo o xurado (a profe Lucía, a profe Sara e o profe Jaime), escollemos entre os libros finalistas das dúas aulas aquel que queriamos traballar dun xeito máis profundo polos valores e contidos que tratan. Por iso, o conto gañador foi TITIRITESA, escollido polos seus contidos coeducativos e porque promulga volores como a diversidade, a igualdade ou a empatía, loitando contra o sexismo e a homofobia.
Post 5: Analizamos o conto
Para facer a curta de Titiritesa é imprescindible coñecer o conto moi ben, por iso contámolo e recontámolo moitas veces… É un conto algo longo para o alumnado de infantil así que simplificamos algo a historia mantendo e fomentando os valores que con ela queriamos traballar.
En primeiro lugar, xogamos co alumnado a poñerlle novos nomes a algunhas personaxes para que lles sexa máis fácil de lembrar. Falamos das partes do conto: inicio, nó e desenlace…
Despois chegou o momento de analizar ben polo miúdo o conto. Temos en cada aula unha táboa na que analizamos os libros de contos que imos lendo: título, quen o escribiu e fixo as ilustracións, cal é a editorial, se ten fórmula de inicio e fin, a personaxe principal e personaxes secundarios, que pasa na historia e como se soluciona,…
Entre as dúas aulas creamos un novo nó cunha trama máis sinxela, pero procurando manter a esencia e o inicio e desenlace.
Post 6: O storyboard de Titiritesa
Unha das tarefas que tivemos que facer a xs profes foi a de facer un storyboard , estruturando a historia nas escenas que queriamos gravar, así que tendo en conta a análise que fixemos co noso alumnado, secuenciamos as escenas que queriamos gravar.
Post 7: Coñecemos as personaxes
Para poder falar delas e por elas, para construílas, é necesario coñecer ben as personaxes, por iso, unha vez máis, nas dúas aulas construímos unha táboa na que analizamos como son as personaxes de Titiritesa, comezando pola personaxe principal, a princesa Titiritesa, rexistrando a súa descrición física (a súa pel é rosada, cabelo roxo e rizado, ollos claros,…), para poder elaborala pero tamén deténdonos na súa descrición psicolóxica (é valente e atrevida, divertida,…). Logo, continuamos este traballo facendo o mesmo coas demais personaxes de Titiritesa .
Post 8: Elaboramos as personaxes
Debido a idiosincrasia do noso centro (aulas rurais distanciadas) temos que elaborar as personaxes por separado, así que o primeiro é repartir as seis personaxes do conto entre as dúas aulas:
Unha vez feito o reparto, cada aula elabora as personaxes que lle tocaron coa condición de mostrárnolas na próxima xuntanza (“interaulas” como lle chamamos no noso cole ás convivencias entre aulas) onde nos xuntaremos o alumnado das dúas aulas.
Post 9: Xuntámonos en Ribadetea

Post 10: Xuntxs outra vez
Chega o momento de darlles voz e vida ás personaxes que van a protagonizar a nosa curtametraxe, así que desta é o alumnado de Parada quen recibe a xs compis de Ribadetea. Está sendo apaixonante polos lazos de amizade que están construíndo nenas en nenos que non adoitan verse tan a miúdo.
Nesta xuntanza aproveitamos para repartir e comezar a gravar as voces das personaxes e para rematar o mobiliario e decoración dos diferentes escenarios.
Post 11: Trailer