top of page
Xornada na Bibliopicaraña
Estamos moi felices de anunciar que o tan agardado encontro coa biblioteca chegou, por fin. Despois da creación física da biblio con obxectivos aprazados pola COVID, o alumnado puido pasar unha xornada na biblio e coñecela.
A planificación do día foi a seguinte:
1. Acollida amable e tránsito libre pola Biblio, previo coñecemento das normas de uso.
2. Contada “iSE BUSCA! Lili la ladrona de libros”.
3. Xincana para coñecer a distribución dos libros na Biblio segundo o seu código de cor.
4. Distribución do alumnado polos diferentes espazos da biblio: espazo creativo, espazo de xogo, espazo lector e espazo trebelladas.
5. Almorzo
6. Xogo no exterior.
7. Contada “A horta de Simón” e posterior plantación de sementes co obxectivo da creación dun sementeiro no exterior da Biblio e motivando, deste xeito, o noso PDI anual “Hortarte”.
Todo un éxito!
Agora, agardamos cada martes ás familias en apertura pola tarde.
bottom of page